Charla de Jorge Rodríguez Durán polo Día do libro
Onte veu visitarnos Jorge Rodríguez Durán, autor de “Carnívoras e domésticas” e o poemario “COSMO(a) GONÍA”, para dar unha charla ao alumnado de 4º ESO sobre o proceso de creación e publicación dun libro. Baixo o título de “O libro como artefacto”, falounos dos certames literarios que temos máis preto, dalgunhas das principias editoras galegas, do proceso de edición dun libro e, sobre todo, contounos como foi a súa experiencia creativa, tratando de espertar vocacións literarias. Velaquí unhas imaxes:
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)