E coñecemos a Biblioteca Pública Ánxel Casal
O
alumnado de 1º ESO A e 1º ESO B coñeceu o pasado mércores a morea de espazos e
posibilidades que a biblioteca Ánxel Casal nos achega no centro da nosa cidade.
Un pequeno paseo polo seu fondo local, a sección de biblioterapia, a Biblioteca
Accesible, a Biblioteca Feminista ou a Biblioteca LGTBI serve para imaxinar as oportunidades culturais e de ocio que se abren neste espazo.
A
visita incluíu unha breve formación de usuarios para familiarizarnos con termos
como signatura e OPAC, recursos da web da biblioteca, como facer autoempréstito
e autodevolución ou solicitar o carné da Rede de Bibliotecas de Galicia.
No
traxecto aproveitamos para ver con outros ollos algunhas curiosidades das rúas
de Santiago e a figura de Ánxel de Casal.
Grazas
por participar nesta actividade! Bota unha ollada á nosa visita!