Actividade do Día das Matemáticas (14 de marzo)
Con motivo da celebración do Día das Matemáticas, o Departamento de Matemáticas, encolaboración coa Biblioteca Escolar, organizou unha actividade dirixida ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Os textos literarios foron obtidos na
páxina: https://marzomates.webs.ull.es/tarjetas-matematicas-literatura/
A proposta consistiu nun concurso por
equipos, no que o alumnado debía percorrer diferentes espazos do centro para
localizar e ler fragmentos de textos de recoñecidos escritores relacionados
coas matemáticas, previamente expostos coa colaboración da biblioteca. A partir
da lectura destes textos, cada equipo respondeu a un cuestionario adaptado ao
seu nivel educativo (elaborado polo departamento de Matemáticas)
A actividade tivo como obxectivo achegar
as matemáticas á literatura, fomentar a comprensión lectora, o traballo
cooperativo e a resolución de problemas.
Os equipos mellor clasificados de cada
nivel recibiron como premio un vale para
bocadillos e auga na cafetería do centro.
Velaquí os carteis usados no concurso:






