Roteiro dos clubs de lectura por Santiago

Fixemos unha reunión inicial para convocar a todo o alumnado interesado en participar no Club de Lectura e pasamos un cuestionario para coñecer os seus intereses e preferencias horarias. A partir dese momento quedaron configurados os tres grupos descritos máis arriba.

O grupo de 3º da ESO escollera como lectura o libro Once portas de Héctor Cajaraville, así que o día 10 de marzo fixemos unha saída, despois de comer xuntos, para percorrer o perímetro da antiga muralla de Santiago. Uníronse os grupos de 2º e 3º.