Literatura contra a violencia
Literatura contra a violencia
Neste 25 N as lecturas compartidas na biblioteca amosaron
como a literatura, unha vez máis, é unha poderosa ferramenta de denuncia.
O alumnado de 4º ESO puxo voz ao manifesto da Plataforma
Já Marchavas, Manifesto 25 de Novembro: “Somos o grito daquelas cuja voz
foi silenciada!”
Fixeron seu o famoso parlamento da Medea de Eurípides,
demostrando que, a pesar do tempo transcorrido, os nosos lamentos seméllanse
enormemente.
E remataron dando voz aos personaxes de O Cantar da
afrenta de Corpes, facendo pervivir o Poema de Mío Cid e
a súa denuncia do ataque sofrido polas fillas do Cid a mans dos infantes de
Carrión.
Mesturaron a literatura coa música de Rosalía; O
roman de Flamenca soa aínda no coñecido El mal querer.